InicioSucesosO acusado de queimar un alpendre na Pastoriza: "eu ese día estaba...

O acusado de queimar un alpendre na Pastoriza: “eu ese día estaba na Pobra de San Xiao”

Había moi mala relación entre a familia dona da palleira e este home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home acusado de queimar un alpendre na Pastoriza, M.G.I., negou este martes os feitos e asegurou que o día do suceso, na madrugada do 4 de xuño de 2017, atopábase na casa dun sobriño na Pobra de San Xiao.

O xuízo que sentou a este veciño da Pastoriza no banco iniciouse na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo, co home acusado de intento de homicidio por prender lume a esa palleira a cal estaba pegada a unha vivenda na que durmían un pai e o seu fillo.

Segundo sostén a Fiscalía, que pide 12 anos de prisión polo delito de incendio con perigo para a integridade de persoas, entre a medianoite e as 1,00 horas do 4 de xuño de 2017, o procesado supostamente prendeu lume ao alpendre a propósito cando esa familia, coa que mantén unha “mala relación”, atopábase durmindo.

Este veciño da Pastoriza recoñeceu que eses “veciños”, cos que apenas se cruzaba, denunciárono varias veces por asuntos relacionados con leiras que teñen lindeiras. Só admitiu que vía ao matrimonio dono do alpendre “cando” ía a unha leira da súa propiedade, porque tiña que pasar entre a vivenda deses veciños e o propio alpendre.

O día de autos asegurou que se trasladou á casa dun sobriño na Pobra de San Xiao e que foi ao día seguinte cando se decatou do suceso porque llo contou a súa muller. A avogada María José Rigueira expuxo antes de entrar en sala que ía solicitar a “libre absolución”, argumentando que “realmente non é o autor dos feitos”.

Por contra a acusación particular demanda 20 anos de prisión, ao que se suman as indemnizacións que pide a Fiscalía de case 23.000 euros polos danos, ademais de case 3.000 euros a abonar aos Bombeiros de Vilalba.

ÚLTIMAS

Dáse á fuga tras tirar a un motorista e case atropelar a algúns peóns

O condutor dun turismo deuse á fuga este luns en Lugo tras chocar por...

O PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación de Altri

O PP subliñou este martes o seu apoio á implantanción da factoría de Altri...

Case douscentos veciños de Lugo participan esta semana no programa ‘Coñece a túa Provincia’

Máis de 180 veciños de seis entidades da provincia de Lugo participan esta semana...

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...