InicioAncaresBecerreáA Guerra Carlista en Lugo contada por Emilia Pardo Bazán

A Guerra Carlista en Lugo contada por Emilia Pardo Bazán

Helena González de Bisagras de Papel propón nesta ocasión, a lectura dun contiño de autora, escrito por Emilia Pardo Bazán. O relato ambientado na Galicia rural da terceira guerra carlista, está protagonizado por unha muller que desafía os estereotipos de xénero. A sobriña de ficción do "señorito de Bullán" reclama agora un papel protagonista.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Hai unhas semanas, cando me documentaba sobre o carlismo en Galicia, din cun contiño de Emilia Pardo Bazán, no que as mulleres si teñen un papel principal. Nada que ver coas simples figurantes, que aparecen no meu anterior artigo.

Dase a casualidade ademáis de que a protagonista do relato ven a ser sobriña de ficción do mítico “señorito de Bullán”, tamén coñecido como o coxo. e natural de Becerreá.  Xa sabedes que Emilia Pardo Bazán gustáballe cambiar os nomes de persoas e lugares.  Lembrade, por exemplo, o mítico Marineda, que hoxe da nome ó centro comercial de A Coruña.

Nesta historia “o Señorito de Bullán” convértese no “ Señorito de Padornín” e o seu  Bullán natal, nun escenario calquera de “la Galicia primitiva, la bella, la que hace veinte años estaba todavía por descubrir”, que da en chamarse Bouzas.

“La mayorazga de Bouzas” publicouse por primeira vez en 1886, en “La Revista de España”. Hoxe, podedes topalo na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ou na recopilación, titulada Un destripador de antaño y otros cuentos” de Alianza Editorial.

 

Nesta contiño hai información comprida sobre as guerras carlistas, a institución do morgado e os casamentos arranxados. Tamén dos estereotipos de xénero, do desexo sexual das mulleres e de parentescos doutros tempos.  Lembrade que Emilia Pardo Bazán foi unha pioneira do feminismo.  E  por último, también hai espazo para as lealdades familiares inconscientes, xa que a  “Mayorazga de Bouzas”, resulta ser unha doble dese tío carlista, que non coñeceu e do que nunca ouvira falar. Este contiño é ouro!  

“morgado, morgada”
Fillo ou filla, que herda  os bens, que se perpetúan na familia

 

A protagonista desta historia é herdeira, por accidente. O accidente acontece na primeira guerra carlista, cando o seu  tío que “había levantado una partidilla, vagando por el contorno bajo el alias guerrero de Señorito de Padornín”, morre dunha forma tráxica, a mans das tropas cristinas.

A inesperada morte do primoxénito convirte ó pai da protagonista en morgado, por ser o seguinte da fratría. E a súa filla por ser única, en futura morgada.

A morgada era cuspidiña ó seu tío  

A morgada herdou outras cousas do seu tío. Estaba a peluxe que cubría o seu beizo superior, a súa complexión sanguínea e a expresión franca e enérxica.

Despois estoura a terceira guerra carlista …  Xusto entón,  ela sinte que no seu sangue ferve a vea facciosa, “como si el espectro del tío cosido a bayonetazos se le hubiese aparecido al anochecer entre las nieblas del Sil demandando venganza”.  A medida que o relato avanza asistimos á transformación da morgada, na peor versión do seu tío Que cadro!

Vai ser que a protagonista deste conto tiña herdado o morgado, o bigote e o carácter do seu tío. E tamén a súa paixón pola causa carlista. Hai historias familiares que se repiten, sen nós querer.  Xa sabedes: “Quen non coñece a súa historia, está condeada a repetila”.

[ Do blog Bisagras de Papel ]

 

ÚLTIMAS

Deteñen a unha muller de 71 anos por introducir droga no cárcere de Monterroso

A Garda Civil de Lugo detivo a unha muller de 71 anos acusada dun delito de tráfico de...

A Policía Local de Lugo identifica a dous mozos facendo pintadas e a outro que esnaquizaba coches a fartar

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos sorprendidos mentres realizaban pintadas na mañá de...

Lugo realiza case 900 rexistros de rede de sumidoiros para controlar as pragas urbanas

O Concello de Lugo levou a cabo un total de 870 rexistros de rede de sumidoiros en nove...

A xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes 2024

A produtora cinematográfica Chelo Loureiro e a xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo,...