InicioSociedadeLugo queda cun só paciente covid en UCI logo dunha xornada á...

Lugo queda cun só paciente covid en UCI logo dunha xornada á baixa

A área lucense sofre un descenso de novos contaxios e casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 descenderon por baixo dos 200 tras a repunta rexistrado a xornada anterior e sitúanse en 195 en Galicia, mentres que os casos activos reducíronse lixeiramente a 3.064 despois de dous días consecutivos en ascenso. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus mantéñense en 197.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade na mañá deste venres con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, descenden a 45 os pacientes Covid hospitalizados en UCI en Galicia –tres menos– mentres que ascenden a 152 os que permanecen noutras unidades –tres máis–. No caso de Lugo baixan a un o críticos –un menos– e mantéñense cinco noutras unidades.

MENOS CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 no conxunto de Galicia descenderon lixeiramente a 3.064, oito menos, tras dúas xornadas consecutivas de aumento. En Lugo prodúcese un descenso de 3 que tamén se aprecia no caso dos novos contaxios, que baixan en oito persoas con respecto ás cifras do día anterior. Deste xeito, a área sanitari que cobre a provincia lucense sitúase como a segunda menos afectada –por detrás de Ferrol– pola covid a nivel numérico:12.529 contaxios dende o inicio da pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...