InicioSociedadeBaixan os hospitalizados e os casos activos na provincia, mentres soben en...

Baixan os hospitalizados e os casos activos na provincia, mentres soben en Galicia

Hai dous pacientes críticos --un menos-- e a cinco os doutras unidades --dous menos--.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 200 ata os 225 en Galicia, tras arrincar estar semana con 103, mentres que os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus descenderon a 197, tres menos que a xornada anterior. Pola súa banda, por segunda xornada consecutiva soben os casos activos ata os 3.072 e, iso, a pesar de facerse un milleiro de PCRs menos.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, seguen 48 pacientes Covid en UCI no conxunto do país, mentres que os ingresados noutras unidades de hospitalización descenden a 149, tres menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aliviouse na área de Lugo; baixando a dous os críticos –un menos– e a cinco os doutras unidades –dous menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos de Covid-19 aumentaron por segunda xornada consecutiva no conxunto da Comunidade galega ata os 3.072, que supoñen 11 máis, ao haber máis contaxios (225) que altas (213), ao que se engade unha vítima mortal máis. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en Lugo (-7) o que deixa os casos activos en 226.

MÁIS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid detectados con calquera tipo de proba volveron a repuntar por encima dos 200, ata os 225; tras iniciarse esta semana con 103; aumentar a 125 o martes e subir a 189 o mércores. Galicia confirmou 197 positivos por PCR nas últimas 24 horas, dos que oito corresponden á área de Lugo.

Galicia realizou 2.091.968 PCR desde o inicio da pandemia, 6.633 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior, que implican un milleiro menos que as feitas o día anterior.

Pola súa banda, a taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– repuntou a un tres por cento, tras situarse no 2,15%, despois de permanecer anteriormente nun 1% desde o inicio desta semana. Así, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...