InicioSociedadeA Pastoriza continúa en nivel alto de restricións e Chantada e Meira...

A Pastoriza continúa en nivel alto de restricións e Chantada e Meira en nivel medio

Cambados entre os concellos co nivel máximo de restricións no que continúan Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios concellos de Lugo terán algún tipo de restricións esta semana. Así, A Pastoriza segue en nivel alto, mentres que Meira e Chantada pasan a nivel medio. O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 engadiu tamén a Cambados entre os concellos co nivel máximo de restricións no que continúan Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.

Deste xeito, en nivel alto de restricións estarán os concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...