InicioSociedadeLugo inicia a semana con menos contaxiados e menos hospitalizacións por covid

Lugo inicia a semana con menos contaxiados e menos hospitalizacións por covid

A provincia ten 214 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca a última semana con estado de alarma en vigor debido á pandemia pola Covid-19 cun descenso dos novos contaxios a 103 e de casos activos ata os 3.030, mentres que os pacientes hospitalizados mantéñense en 214. Con todo, realizáronse 2.000 PCR menos que o día anterior.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, baixan a 50 os pacientes Covid ingresados en UCI –un menos– e soben a 164 os que permanecen noutras unidades –un máis–, polo que seguen un total de 214 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Vigo, Ourense e Lugo. Nesta, mantéñense catro en críticos e descenden a 12 os pacientes Covid doutras unidades –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, tras o lixeiro incremento deste domingo, volveron a descender e sitúanse en 3.030, o que supón 76 menos, ao rexistrar máis altas (179) que contaxios (103) e non haber falecidos. As infeccións activas redúcense en seis das sete áreas sanitaras, incluída a de Lugo (-14), que queda con 214 casos activos.

MENOS CONTAXIOS

Galicia confirmou, en concreto, 86 positivos por PCR nas últimas 24 horas, fronte aos 146 do día anterior. Do total, tres correspóndense á área de Lugo.

MENOS CONTAXIOS

Desde o inicio da pandemia Galicia levou a cabo 2.072.214 PCR, o que supón 6.418 probas máis que as contabilizadas ata o día anterior –unhas 2.000 menos que as feitas o día pasado–.

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– segue por baixo do dous por cento cun 1,6%, tras situarse nun 1,8% o día anterior. Deste xeito, continúa sen superar o 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Lugo acolle este sábado a V Edición da Carreira e Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral

Esta madrugada pechouse con 450 persoas participantes a inscrición na 5ª edición da Carreira...