InicioSociedadeImportante suba dos casos en Lugo, onde xa se contan 19 hospitalizacións

Importante suba dos casos en Lugo, onde xa se contan 19 hospitalizacións

Sanidade rexistra 236 pacientes contaxiados na provincia, 17 máis ca onte. O Hospital de Monforte segue sumando ingresos diariamente

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo experimenta un incremento de casos activos de coronavirus neste venres 30 de abril logo de varias semanas de certa estabilización. O Sergas notifica 236 pacientes infectados, 17 máis ca na xornada anterior. Asemade, detectáronse 23 novos positivos a través de PCR no último día.

O empeoramento da situación tamén afecta aos hospitais, que suman catro hospitalizacións máis, ata as 19. Do total de persoas ingresadas, catro están na Uci e os outros 15 en planta (cinco no Hula, tres na Mariña e sete en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 213 persoas que foran diagnosticadas coa Covid-19, curáronse 11.997 e realizáronse 224.913 probas PCR.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...