InicioCulturaOliver Laxe recibirá o Premio Málaga Talent no importante Festival de Cine...

Oliver Laxe recibirá o Premio Málaga Talent no importante Festival de Cine en Español

Esta distinción recoñece a "mirada singular" e o "compromiso" na traxectoria do director de Navia de Suarna, que xa triunfou coas súas películas 'O que arde', 'Todos vós sodes capitáns' e 'Mimosas'

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O cineasta ancarés Oliver Laxe recibirá o Premio Málaga Talent no vixésimo cuarto Festival de Cinema en Español desta cidade, que se celebrará do 3 ao 13 de xuño. Recoñecerá así a traxectoria deste mozo director que agora voltou ás súas orixes familiares en Navia de Suarna para impulsar un proxecto cultural.

Esta importante distinción pretende “ser outro impulso á carreira do director, que xa atesoura unha premiada traxectoria, na que destaca unha mirada singular sobre o mundo e un forte compromiso co cinema como expresión artística”, informou este xoves o Festival de Málaga nun comunicado.

TRAXECTORIA

Nado en 1982, Oliver Laxe medrou entre Francia, España e Marrocos, e as súas dúas primeiras longametraxes foron premiadas no Festival de Cannes.

Todos vós sodes capitáns recibiu o premio FIPRESCI na Quinzaine des Réalisateursen 2010 e Mimosas obtivo o Gran Premio da Semaine de la Critique en 2016 e o Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla, entre outros.

En 2019, Oliver Laxe fixo historia ao converterse no primeiro cineasta español xunto a Víctor Erice seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións.

O que arde recibiu o Premio do Xurado da sección oficial ‘Un Certain Regard’ de Cannes, o Premio á Mellor Creación Sonora da sección. Esta película tamén foi finalista nos Premios Goya en catro categorías: mellor película, mellor director, mellor actriz revelación e mellor fotografía. Conseguiu facerse con estes dous últimos galardóns.

As súas películas foron seleccionadas e premiadas nos festivais de cinema máis prestixiosos do mundo, como os de Moscova, El Cairo, San Sebastián, Toronto, Karlovy Vary, Tokio, Mar de Prata ou Nova Iork.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...