InicioSociedadeTomé tenlle que enviar un exemplar do Estatuto ao alcalde de Portomarín...

Tomé tenlle que enviar un exemplar do Estatuto ao alcalde de Portomarín para lembarlle as competencias da Xunta en transporte escolar

O rexedor insistía en que fose o Concello e a Deputación as administracións que asumisen o gasto do desprazamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, remitiu un exemplar do Estatuto de Autonomía de Galicia e unha carta ao alcalde de Portomarín, Juan Serrano, para lembrarlle que as competencias sobre o transporte escolar son da Xunta.

Este agasallo, acompañado dunha misiva cargada de ironía, xorde por mor das protestas iniciadas por varias familias de Portomarín a inicios do actual curso escolar, cando se viron “prexudicadas pola falta dunha liña de autobús adecuada ás necesidades do estudiantado”, segundo lembra o goberno provincial nun comunicado.

E é que, segundo critica a Deputación, a Xunta “desdobrou as quendas de Secundaria” do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo “para adaptarse aos protocolos da covid-19”, pero con todo “non adaptou o transporte”.

Así, ante a proposta do alcalde de que fose o Concello e a Deputación as administracións que asumisen o gasto do desprazamento, o presidente provincial –do PSOE– comprometeuse a facerlle chegar ao rexedor –do PP– un exemplar do Estatuto de Autonomía, norma que de feito cumpre 40 anos este mesmo 2021.

Na carta que acompaña o agasallo, Tomé recoñece que “resulta tentador aparecer como a varita máxica capaz de conxurar un taxi cando a Xunta non quere mandar o autobús”, pero aposta por “reclamar os orzamentos precisos para facelo”.

Neste sentido, o presidente da Deputación apela a “loitar para que, despois de 40 anos de desenvolvemento do Estatuto, traballar agora en garantir a autonomía local” e “delimitar as competencias” de cada administración.

José Tomé explícalle a Serrano na carta que o agasallo, “feito desde a cordial discrepancia das súas respectivas posicións políticas”, é para lembrarlle que “nestes 40 anos citamos moito o Estatuto, pero non o aplicamos sempre ben, especialmente no que respecta aos concellos”.

“A base do municipalismo moderno xa está neste texto –o Estatuto–, que marca con claridade as obrigas da Administración autonómica e da local”, sentencia o presidente da Deputación.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...