InicioMedioambiente e PatrimonioCatorce concellos da provincia presentaron alegacións pola protección do lobo

Catorce concellos da provincia presentaron alegacións pola protección do lobo

Case mil alegacións foron presentadas por grupos ecoloxistas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 19 concellos galegos presentaron alegacións pola lei de protección do lobo estatal, segundo informa a asociación animalista Libera en base aos datos achegados polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco) a unha pregunta do deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino.

Nun comunicado, Libera incide en que esta cifra “representa a pouco máis do 6% das entidades locais de toda Galicia” e sostén que “a campaña anti-lobo da Xunta foi un rotundo fracaso institucional”.

En concreto, o deputado de Unidas Podemos preguntaba pola participación das entidades locais, institucións, organizacións e colectivos no período de alegacións á decisión de incrementar a protección do lobo ibérico.

Na súa resposta, o Ministerio confirma que foron 19 os concellos galegos que presentaron alegacións: O Pino, Ourol, Vilarmaior, Noia, Muras, Abadín, Alfoz, Cervo, Valadouro, Xermade, Xove, Viveiro, Pedrafita do Cebreiro, Curtis, Cervantes, As Nogais, Navia de Suarna, O Vicedo e Porto do Son. A eles, súmanse 26 alegacións doutras institucións, entidades ou organizacións, aínda que dúas fose de prazo.

Ao fío destes datos, Libera denuncia “un uso interesado” das cifras por parte do Goberno galego “posto que menciona o número total (5.635) pero obvia que unha porcentaxe moi importante corresponden a organizacións non gobernamentais que piden máis protección para o lobo, como os escritos colectivos de WWF ou Voluntariado para o Censo do Lobo Ibérico, que en conxunto suman 959″.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...