InicioSucesosO incendio do Ceao está extinguido en dúas das seis naves afectadas

O incendio do Ceao está extinguido en dúas das seis naves afectadas

Na planta de Recambios Frain, o lume está "controlado pero non apagado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou este luns que xa se extinguiu o lume en dúas das seis naves que foron arrasadas polo incendio do domingo 11 de abril no polígono do Ceao. Con respecto á investigación sobre as causas do incendio, insistiu en que “non” lle compete ao Concello e que se trata dun “tema policial que segue en curso”.

Segundo confirmou, o incendio dáse por extinguido na planta de Recambios Al Volante e mais na de Castro Parga. “No caso de Fraín está controlado pero non apagado. Os elementos desa nave eran máis inflamables, e por tanto hai moitas combustións que están latentes pero non se visualizan e ao haber movemento de cascallos podería activarse algún”, puntualizou.

Lara Méndez subliñou que “se seguen facendo eses labores de control, e ata o día de hoxe tivemos reténs. Hoxe mesmo farase unha valoración para decidir si se manteñen eses reténs”. “Todo desde un punto de vista técnico evidentemente e, en función diso, trasladaremos a continuidade deses reténs, desas catro persoas con dúas bombas que están permanentemente localizadas no Ceao”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...