InicioSucesosA Policía detivo tres persoas pola liorta da semana pasada diante do...

A Policía detivo tres persoas pola liorta da semana pasada diante do Ceip As Gándaras

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a tres persoas en relación á pelexa de dúas familias xitanas fronte ao Ceip As Gándaras, un altercado que o xoves pasado rematou con catro feridos.

Así o informaron este luns a Europa Press fontes policiais, que indicaron que este fin de semana foron arrestadas tres persoas tras a toma de declaración de testemuñas dos feitos sucedidos o xoves pasado.

As mesmas fontes policiais puntualizaron que está previsto que ao longo deste luns a Policía conclúa o atestado para remitilo ao xulgado e sinalaron que as dilixencias se atopan baixo segredo de sumario.

O venres pasado continuou a toma de declaración de testemuñas e mantívose un dispositivo policial para vixiar o poboado chabolista de Mazoi en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...