InicioSociedadeOs casos activos de coronavirus non aumentan na área lucense

Os casos activos de coronavirus non aumentan na área lucense

Hai once persoas hospitalizadas, distribuídas de novo nos tres hospitais públicos da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último balance de datos do Sergas indica que na área sanitaria de Lugo hai 173 casos activos de coronavirus, tres menos ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse 10 novos positivos. 

número de hospitalizacións non varía (11), aínda que si que o fai a distribución por centros sanitarios. Agora os tres hospitais públicos volven atender algún paciente de Covid en planta: 5 no Hula, 2 na Mariña e 1 en Monforte. Ademais, hai outros tres pacientes ingresados na Uci do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Dende o inicio da pandemia faleceron en Lugo 212 persoas diagnosticadas co virus, curáronse 11.839 e realizáronse 215.104 probas PCR.

GALICIA

No ámbito autonómico mantense a tendencia ascendente nos casos activos de Covid-19 por oitava xornada consecutiva, e os novos contaxios dispáranse a 229. Pola súa banda, os pacientes con este coronavirus hospitalizados aumentaron en 13, ata os 195. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...