InicioPolíticaReavívanse tensións nas filas do PSdeG con duras palabras de Santos hacia...

Reavívanse tensións nas filas do PSdeG con duras palabras de Santos hacia Tomé

O exsecretario xeral dos socialistas lucenses considerou "intolerable" o comentario do presidente da Deputación acerca da vestimenta de Candia. "Non me representa nin como lucense nin como militante", subliñou.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O socialista Álvaro Santos, actualmente concelleiro no goberno local de Lugo, compartiu nas súas redes sociais unhas palabras que traen de volta ao presente as tensións mantidas con José Tomé, presidente da Deputación, e Gonzalo Caballero, líder do PSdeG. Santos criticou o comentario “intolerable” de Tomé en alusión á vestimenta de Candia e asegurou que a el non o representa nin “como lucense nin como militante do PSOE”.

O que foi secretario do PSdeG na provincia de Lugo, e que tivo un enfrontamento público con Gonzalo Caballero, acusa o xefe de filas socialistas de dicir “que non pasaba nada” e recalca que o comentario de Tomé “non é desafortunado”, senón “soez, irrespectuoso e inaceptable de quen representa unha institución en nome dunha organización política abandeirada da igualdade, respecto e dignificación da muller”.

“Supoño que entre imposicións de disciplinas e intereses calará e xustificarase, pero nin iso nin unhas mediocres e hipócritas desculpas corrixen este acto de desprestixio institucional e misóxino”, apunta.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...