InicioMovementos sociaisManifestación en Lugo contra o peche do Ceip de Baamonde: "É un...

Manifestación en Lugo contra o peche do Ceip de Baamonde: “É un capricho do alcalde”

Un cento de nais e pais concentráronse ante a Xunta con pancartas e caretas do conselleiro de Educación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Preto dun centenar de pais protestaron este martes ante o edificio administrativo da Xunta en Lugo polo peche do colexio de Baamonde, en Begonte.

Tras unha convocatoria dsa ANPA de Galicia e Lugo, celebrouse esta numerosa mobilización con varias pancartas e caretas coa imaxe do conselleiro de Educación, Ramón Rodríguez. Entre outros políticos, acudiron o presidente do PSOE provincial, José Tomé, e o responsable de Deportes da Deputación, Efrén Castro (BNG).

“Non ao peche do colexio de Baamonde”. Esa foi a consigna máis coreada, e tamén era a frase que abría as pancartas que se exhibiron durante a manifestación.

A presidenta da ANPA de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, destacou que “non só é defender o colexio de Baamonde” e “denunciar esta barbaridade que é o peche con 30 nenos”, “senón tamén que o motivo é gritar polo futuro do rural”. “Como non cambiemos a política en defensa do rural estamos perdidos”, alertou.

Calvete censurou que este peche se debe a un “capricho” do alcalde de Begonte, José Ulla (PP), que propón que ese centro de Baamonde sexa a localización dun conservatorio de música.

“Agora o que toca é defender o rural, defender a educación e defender os nenos e procurar o seu benestar, ademais de reclamar a calidade do ensino á que teñen dereito”, reivindicou Calvete.

APOIO DA DEPUTACIÓN

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, subliñou que acudiu a esta convocatoria para “apoiar a uns pais aos que os asiste toda a razón”.

“Desde a Deputación xa levamos algunhas iniciativas neste sentido, recollendo a inquietude dos pais, porque axudar o rural non é precisamente quitarlles servizos, e neste caso sería mantelos e non incrementalos. Así non se mantén o rural vivo”, protestou o presidente provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...