InicioSociedadeRepuntan os contaxios ata 21 e os casos activos na área lucense

Repuntan os contaxios ata 21 e os casos activos na área lucense

A provincia reduciu lixeiramente a presión asistencial, con catro pacientes en planta (-1) e tres en coidados intensivos (igual).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este sábado 10 de abril unha repunta de casos, ao sumar un total de 160 pacientes con coronavirus, 12 máis ca os notificados onte polo Sergas. Nas últimas 24 horas confirmáronse 21 novos positivos a través de PC, máis do dobre de contaxios que remitía Sanidade este venres.

Pola súa banda, a situación hospitalaria case non experimenta cambios. Segundo o balance de datos de Sanidade, a área de Lugo-A Mariña-Monforte reduciu lixeiramente a presión asistencial, con catro pacientes en planta (-1) e tres en coidados intensivos (igual). Todas estas persoas están a ser atendidas no Hula.

GALICIA

A nivel galego, a presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 mantense este sábado sen variacións, con 167 pacientes. Con todo, os novos contaxios detectados nun día por calquera tipo de probas aumentaron ata os 209, o que implica unha subida de 63 máis con respecto aos da xornada anterior. Ademais, isto traduciuse en que os casos activos subiron por segundo día consecutivo. Segundo os datos que ofrece a Consellería de Sanidade, hai 2.286 pacientes de coronavirus, 93 máis que 24 horas atrás. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial. 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...