InicioSociedadeA Liga Reumatolóxica Galega colaborará co Hula para "optimizar recursos"

A Liga Reumatolóxica Galega colaborará co Hula para “optimizar recursos”

Asinaron un acordo de colaboración que lles permitirá recoller os datos necesarios para obter resultados cualitativos e cuantitativos ao redor das enfermidades reumáticas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sobre medio millón de galegos padece algunha doenza reumatolóxica, polo que, co “obxectivo de xuntar esforzos en diferentes ámbitos para optimizar recursos”, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo e a Liga Reumatolóxica Galega (Lirega) asinaron un acordo de colaboración que lles permitirá recoller os datos necesarios para obter resultados cualitativos e cuantitativos ao redor das enfermidades reumáticas.

Así o explicou a entidade nun comunicado, que concreta que “gran parte dos esforzos de Lirega, que pertence ao Consello Asesor de pacientes, están destinados a que o paciente tome un rol cada vez máis activo e participativo no tratamento da súa patoloxía contribuíndo tamén á optimización e mellora do sistema sanitario”.

Segundo comentou a presidenta de Lirega, Ana Vázquez, “é importante que os pacientes tomen un rol 100% activo e se involucren na abordaxe e tratamento da súa enfermidade”. “A relación co seu médico é clave para iso e desde as asociacións animamos a preparar ben as consultas, a expor todas as dúbidas e inquietudes que xurdan ao redor da enfermidade. É a forma de contribuír co seu benestar e coa mellora do sistema sanitario”, abundou.

O acordo foi asinado por Ramón Ares Rico, xerente do hospital; a doutora Pilar Rodríguez Ledo, da Subdirección de Humanización, calidade e atención á cidadanía de Lugo; e Gloria Enríquez Sanjurjo, supervisora da área de Humanización. Por parte de Lirega acudiron a presidenta da entidade, co equipo técnico principal integrado por Lucía Fernández Caamaño (terapeuta ocupacional), Jessy Viqueira San José (psicólogo) e José León (xerente).

VISIBILIZAR

Durante a firma, representantes de ambas as entidades valoraron as accións realizadas ata a data para visibilizar e concienciar acerca das enfermidades reumáticas a través campañas de sensibilización como ‘Ligaflash’, unha exposición fotográfica para visibilizar as enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas ou unha solta de globos con motivo do día das enfermidades reumáticas.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...