InicioSociedadeDetido un mozo cun coitelo tras unha discusión coa súa parella en...

Detido un mozo cun coitelo tras unha discusión coa súa parella en Lugo

A muller manifestou que xa a agredira en varias ocasións e que mesmo a ameazara de morte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un mozo de 29 anos de idade que portaba un coitelo “de grandes dimensións” tras manter unha discusión coa súa parella.

A Policía Local relatou que a Sala do 092 recibiu unha chamada sobre as 22:35 horas do domingo 21 de marzo na que se alertaba de que nunha rúa da cidade un home que portaba un coitelo “de grandes dimensións” tentaba entrar no portal dun edificio.

Por iso, trasladáronse ao lugar dúas dotacións do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, que observaron dentro dun coche estacionado a un home que trataba de agocharse , polo que se procedeu á súa identificación.

O individuo manifestou que tivera unha discusión coa súa parella, polo que se procedeu ao seu cacheo e rexistro do vehículo, “sen que se lle atopase arma algunha”, aseguraron as mesmas fontes policiais.

Posteriormente, os policías puxéronse en comunicación coa requirente do servizo, quen manifestou que momentos antes o agora identificado, que “é amigo persoal”, abriulle a porta do domicilio para pescudar “onde estaba o seu fillo e a súa muller”.

A requirente explicoulle que non se atopaban alí, pero “lonxe de tranquilizarse, comezou a beber”, abundou, e dirixiuse á cociña, onde colleu un coitelo e abandonou o domicilio. Así pois, os axentes interrogaron de novo a esta persoa, que os conduciu ata unhas matogueiras onde lanzara o coitelo, que foi recuperado polos axentes.

Finalmente, os policías localizaron a muller deste home, quen manifestou que tivera unha discusión coa súa parella e que a agredira “en numerosas ocasións” e que a ameazara de morte, aínda que nunca o denunciaba.

Por estes feitos procedeuse á detención deste home de 29 anos de idade, que foi conducido a dependencias policiais, onde se instruíron as dilixencias para o xulgado correspondente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...