InicioEconomíaA Xunta lanza vales desconto de 30 euros para mercar no pequeno...

A Xunta lanza vales desconto de 30 euros para mercar no pequeno comercio

Eses bonos gratis "supoñen a capacidade de obter un desconto do 20%", anunciou Feijóo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia porá en marcha un total de 330.000 vales dotados con 30 euros que permitirán obter un 20% de desconto en compras realizadas no comercio de proximidade. Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que detallou que esta iniciativa se enmarca nas medidas de rescate ao sector tras a pandemia.

O máximo mandatario detallou que a Administración galega prevé activar a finais da próxima semana estes vales, que se porán en marcha a través dunha aplicación móbil e que contarán cun orzamento de 10 millóns de euros “ampliables en función da demanda”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...