InicioSociedadeSegundo día consecutivo con aumento de casos activos en Lugo

Segundo día consecutivo con aumento de casos activos en Lugo

Os hospitais da provincia atenden dous pacientes menos: 23.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas informa este mércores 17 de xaneiro dun total de 210 casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, cinco máis ca os que notificaba na xornada de onte. É, polo tanto, o segundo día consecutivo cun lixeiro aumento de pacientes con infección activa. No entanto, o número de novos positivos detectados a través de PCR nas últimas 24 horas é de 10.

Os hospitais ven reducida a presión asistencial, ao rexistrar un paciente menos en planta e outro na Uci. En total hai 23 persoas hospitalizadas con Covid-19: 18 delas están en unidades de hospitalización (11 no Hula, 3 na Mariña, outras 3 en Monforte, 1 no Polusa) e 5 nas unidades de críticos.

Dende o inicio da pandemia faleceron en Lugo 210 persoas que foran diagnosticadas co virus, curáronse 11.373 e realizáronse 197.854 probas PCR.

GALICIA

Galicia volveu rexistrar un descenso da presión hospitalaria e os pacientes Covid hospitalizados sitúanse por baixo dos 300, ao reducirse ata os 293, o que supón 20 menos que os 313 da xornada anterior. Mentres, os contaxios detectados repuntaron a 148. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...