InicioSociedadeLeve incremento dos casos activos na área lucense

Leve incremento dos casos activos na área lucense

O número de persoas ingresadas mantense invariable: 19 en planta e 6 na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último balance do Sergas revela un lixeiro aumento de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Fronte aos 203 notificados onte, hoxe a provincia conta 205 pacientes con infección activa. Porén, o número de novos positivos diagnosticados nas últimas 24 horas continúa sendo baixo: tan só sete casos detectados.

Poucos cambios na situación hospitalaria, que se manteñen con 25 persoas ingresadas por Covid-19. Delas, 19 están en planta (11 na do Hula, 3 na do Hospital da Mariña, 4 en Monforte e 1 no Polusa), mentres que outros seis permanecen nas unidades de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti.

Dende o inicio da pandemia, faleceron 210 persoas na área sanitaria lucense, curáronse 11.467 e realizáronse 197.118 probas PCR.

GALICIA

No ámbito autonómico, diminúen os pacientes con coronavirus (313, o que supón 12 menos ca na xornada anterior). No entanto, subiron os casos activos ata os 2.685 (+3) despois de mes e medio de tendencia descendente. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...