InicioSociedadeAs multas por incumprir as normas sanitarias en Lugo supoñen case o...

As multas por incumprir as normas sanitarias en Lugo supoñen case o 25% das totais dende xuño

O Concello de Lugo tramita 273 expedientes sancionadores por infraccións ás restricións impostas na Lei de Saúde de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo iniciou 273 procedementos sancionadores por infraccións á normativa autonómica da Covid-19. As multas supoñen arredor da cuarta parte das tramitadas pola Policía Local dende o pasado mes de xuño.

Segundo explicou o concelleiro Miguel Fernández, os incumprimentos da Lei de Saúde de Galicia deixaron uns expedientes abertos que ascenden a “101.700 euros ou 50.850 € no caso de que se proceda ao seu pronto pago”, destacou o portavoz do goberno.

A encargada de efectivizar o cobro será a empresa que asume a colaboración na xestión administrativa e recadación de multas, despois de que a Xunta de Goberno Local autorizara a modificación do contrato en vigor, ante a insuficiencia de medios técnicos e de recursos humanos propios da institución para asumir directamente este cometido.

Tal tarefa suporalle anualmente a Administración local un custo de 58.080 euros, aínda que prevén que prácticamente quedará compensado co abono destas primeiras sancións. “En calquera caso, dende o executivo local instamos á cidadanía a respectar as medidas sanitarias impostas xa que o que se persegue, lonxe dun afán recadatorio, é impulsar o cumprimento das normas de protección. Todos debemos coidarnos e coidar tamén aos demais”, apuntou Miguel Fernández.

Cómpre lembrar que, pese a que os informes emitidos pola Avogacía do Estado ratifican que se trata dunha competencia autonómica, son os Concellos os que, seguindo o criterio do Consello Consultivo de Galicia están a exercer esta función, na que tamén se inclúe a tramitación das infraccións interpostas, dentro desta casuística e no ámbito territorial do municipio, polo resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica). 

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...