InicioMedioambiente e PatrimonioAlertan dun 'boom' de eucaliptos para eludir a súa próxima prohibición nalgunhas...

Alertan dun ‘boom’ de eucaliptos para eludir a súa próxima prohibición nalgunhas zonas

O Sindicato Labrego Galego afirma que están a recibir "numerosas queixas" nas súas oficinas comarcais "sobre persoas propietarias de leiras que están a realizar novas plantacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal “advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impor unha moratoria na plantación de eucaliptos en Galicia”, informa.

Esta organización apoia a moratoria, pero argumenta que a mesma debe establecerse “de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, pola contra, podería provocar un resultado oposto ao pretendido: que aumente aínda máis a superficie de eucalipto”.

Respecto diso, afirma que están a recibir “numerosas queixas” nas súas oficinas comarcais “sobre persoas propietarias de leiras que están a realizar novas plantacións para eludir a moratoria, mesmo en leiras de uso agrícola”, unha situación que vincula coa “inacción” da Consellería de Medio Rural en relación ás infraccións por forestación de terras agrarias.

En base a estes argumentos, o SLG pide que se intensifiquen as tarefas de seguimento e control das plantacións ilegais, “reforzando os recursos para tal fin, en especial nos distritos forestais, que se faga cumprir a lexislación actual, e que se definan, canto antes, as medidas concretas sobre a moratoria de plantación” desta especie en Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...