InicioSociedadeA Deputación de Lugo inaugura unha exposición fotográfica sobre a igualdade...

A Deputación de Lugo inaugura unha exposición fotográfica sobre a igualdade nas súas residencias

Da fachada do Pazo de San Marcos colgarán pancartas en cor violeta en reivindicación da igualdade de homes e mulleres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rede de Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo inaugura este luns unha exposición propia con fotografías dos usuarios baixo o título ‘Igualdade nas tarefas e profesións’. O obxectivo é mostrar o cambio de roles: as mulleres desenvolvendo tarefas asignadas socialmente aos homes e viceversa.

Esta iniciativa enmárcase nun conxunto de actividades que organiza a institución nas residencias provinciais –Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde– con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, baixo o lema ‘Compañeiras de Vida‘, co obxectivo de pór en valor o traballo feito polas mulleres ao longo da súa vida, tanto no ámbito dos coidados como na súa actividade profesional.

Cada centro traballa en accións concretas como relatorios, cinema, conversacións e debates adaptados á realidade de cada unha das residencias. A maiores, a Deputación de Lugo ten en marcha nas redes sociais unha campaña audiovisual de sensibilización e visibilización do papel da muller no mundo laboral con motivo do 8 de marzo. A campaña consistirá na difusión de pequenas reportaxes elaboradas polo Servizo Provincial de Audiovisuais, nas que mulleres que residen na provincia de Lugo e traballan en profesións diversas contan a súa historia e vivencias persoais en primeira persoa.

Desde o pasado venres e ata o martes, da fachada do Pazo de San Marcos colgarán pancartas en cor violeta en reivindicación da igualdade de homes e mulleres coa lema ‘Querémonos vivas, libres e iguais’. Esta noite, como nestes días pasados, alumarase o edificio desa mesma cor.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...