InicioSociedadeLugo arrinca a desescalada cunha significativa caída de casos novos

Lugo arrinca a desescalada cunha significativa caída de casos novos

Nas últimas 24 horas tan só se detectaron nove positivos. A situación nos hospitais mantense invariable dende onte, con 40 ingresados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 26 de febreiro unha significativa caída no número de novos positivos. E é que nas últimas 24 horas tan só se diagnosticaron 9 casos de coronavirus na provincia a través de PCR. O total de pacientes con infección activa tamén segue baixando e sitúase nos 631 (71 menos ca onte).

A presión asistencial mantense sen cambios trala importante redución do día de onte. Así, 40 pacientes continúan ingresados: 27 en planta e 13 na Uci.

Da mesma maneira, tamén houbo unha repunta nas altas documentadas (83), que dende o inicio da pandemia suman 10.824. Á súa vez, en total efectuáronse 186.066 probas PCR (1.066 onte).

A cifra de vítimas mortais na provincia ascende a 203 tras comunicar onte o Sergas o falecemento dun home de 74 anos que permanecía no Hula.

GALICIA

A comunidade galega arrinca a desescalada progresiva con 564 pacientes hospitalizados con coronavirus, 22 menos que a xornada anterior, e cos casos activos que manteñen a tendencia descendente e sitúanse en 6.273. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...