InicioSociedadeA remisión da terceira onda por fin se reflexa tamén no alivio...

A remisión da terceira onda por fin se reflexa tamén no alivio nos hospitais

A área lucense rexistra 53 ingresos (nove menos ca na xornada anterior). Deles, 16 están na Uci.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hospitais da provincia de Lugo por fin comezan a notar de maneira máis clara os efectos da remisión da terceira onda da pandemia. Neste mércores 24 de febreiro, rexístranse 53 hospitalizacións (nove menos ca onte). Delas, 37 son en planta (28 no HULA, 5 no Hospital da Mariña, 3 no de Monforte e 1 no Polusa). Outros 16 pacientes están na Unidade de Coidados Intensivos do HULA, tres menos ca onte.

A tendencia favorable tamén continúa no que respecta ao total de casos activos de coronavirus, que hoxe son 748 (-19), e aos novos positivos (nas últimas 24 horas detectáronse 25).

A cifra de falecidos dende o inicio da pandemia alcanza as 200 vítimas na provincia, segundo datos do Sergas, se ben é certo que o total podería ser superior ao sumar aqueles usuarios de residencias lucenses que finaron en centros doutras áreas sanitarias.

Ata o momento curáronse 10.664 persoas e realizáronse 184.020 PCR (980 onte)

GALICIA

Algo semellante é o que ocorre no conxunto galego. A presión hospitalaria mantén a tendencia descendente en Galicia con 59 ingresados menos. Tamén volveron a reducirse os casos activos, que supoñen 7.292.  Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Tensión entre partidarios e detractores da moción de censura na saída do pleno de Lugo

Os simpatizantes dos diferentes partidos políticos, por unha banda os de esquerdas e polo...

Lara Méndez denuncia que “a historia máis escura de Lugo leva o nome de Elena Candia”

A exalcaldesa de Lugo e actual viceportavoz parlamentaria do PSdeG, Lara Méndez, asegurou que...