InicioSucesosInvestigado un veciño de Lugo polo roubo de material nunhas obras da...

Investigado un veciño de Lugo polo roubo de material nunhas obras da A-52

A contía do suposto roubo ascendería a uns 2.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Lugo permanece investigado pola Garda Civil por supostamente subtraer materiais metálicos valorados en 2.000 euros das obras da autovía A-52. Segundo informa o Instituto Armado este sábado, os feitos ocorreron entre o 29 de xaneiro e o 1 de febreiro deste ano, cando o investigado entrou nas instalacións dunha empresa de construción situada no lugar de Maroxo, en Arzúa, para levar efectos valorados en 2.000 euros.

A investigación iniciada tras a presentación da denuncia por parte dos propietarios da empresa derivou na identifiación do suposto autor dos feitos, ao que se imputa un delito de roubo con forza. Parte do material subtraído foi devolto ao seu lexítimo dono tras ser localizado.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...