InicioSociedadeLugo consegue baixar do millar de casos activos por coronavirus

Lugo consegue baixar do millar de casos activos por coronavirus

Redúcese a presión asistencial, con 62 persoas ingresadas fronte aos 71 do xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte volve estar por baixo da barreira dos mil casos activos de coronavirus logo dun mes por riba desta cifra. Segundo a última actualización de datos do Sergas, a provincia rexistra 942 pacientes con infección activa (78 menos ca onte).

Á súa vez, mantense a estabilidade no número de novos casos confirmados: nas últimas 24 horas detectáronse 36 positivos novos a través de PCR nas 984 probas realizadas. No mesmo período, recibiron a alta 111 persoas.

A situación tamén mellora nos hospitais, que van descargando presión aos poucos e cada vez de maneira máis significativa. Así, Sanidade conta 62 pacientes ingresados (-9): 41 están en planta (27 no HULA, 5 no Hospital da Mariña, 8 en Monforte, 1 no Polusa) e os outros 21 permanecen na Uci (todos no complexo hospitalario da capital lucense).

En canto ao balance histórico, o Sergas refire 198 falecementos na provincia de Lugo, 10.307 doentes que superaron a enfermidade e 179.929 PCR efectuadas.

GALICIA

Pola súa parte, Galicia continúa co descenso da terceira onda do coronavirus e na última xornada as cifras de ingresos en Uci xa se sitúan por baixo do pico da primeira vaga: 169 pacientes críticos, fronte aos 178 que se rexistraron en abril do ano pasado. Malia a redución xeral da presión asistencial, deuse unha lixeira repunta nos contaxios detectados. Os casos activos, iso si, caeron de maneira significativa.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A portavoz local do PP e líder do partido na provincia, Elena Candia, converteuse...

Choros, berros e indignación en rexeitamento á moción de censura: “Lugo non se vende”

Varios centos de persoas concéntranse dende antes das 11:00 horas ante o Concello de...

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...