InicioSociedadeA Uci do HULA comeza a liberar presión: os pacientes críticos baixan...

A Uci do HULA comeza a liberar presión: os pacientes críticos baixan ata os 22

Os positivos activos seguen caendo e sitúanse nos 1.020 (66 menos), mentres que o número de diagnósticos diarios estabilízase na trintena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 18 de febreiro un total de 1.020 casos activos de coronavirus; isto é, 66 menos ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 34 novos positivos a través de PCR, unha cifra similar á das xornadas pasadas e que, polo tanto, vén a demostrar unha estabilidade no número de contaxios detectados.

No día de hoxe, o Sergas tamén notifica un descenso na presión hospitalaria, con 71 pacientes ingresados (-7): 49 en planta (32 no HULA, 6 na Mariña, 10 en Monforte, 1 no Polusa) e 22 na Uci (tres menos ca onte: todos no HULA).

Non houbo comunicación de falecementos de persoas diagnosticadas coa Covid-19, polo que o total de vítimas mortais da pandemia en Lugo mantense en 196. Pola súa parte, curáronse 10.196  persoas e realizáronse 178.945 PCR (733 onte).

GALICIA

Tamén se aprecian signos de que a terceira onda remite a nivel galego. Os pacientes con Covid-19 hospitalizados seguen en descenso e sitúanse en 863, o que supón 61 menos que a xornada anterior. Igualmente, os casos activos de coronavirus manteñen a tendencia descendente e caen a 10.908. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...