InicioEconomía#HoxeComemosEnLugo, unha iniciativa que chega desde Londres para activar a economía da...

#HoxeComemosEnLugo, unha iniciativa que chega desde Londres para activar a economía da capital

Lara Méndez trasládalle a súa gratitude aAlberto Lage por axudar, dende o estranxeiro, á promoción da hostalaría local

PUBLICADA O

- Advertisement -

#HoxeComemosEnLugo é unha campaña deseñada por Alberto Lage, un lucense emigrado en Reino Unido que, a través desta campaña en redes sociais quere promover o consumo e activar a economía local tan duramente afectada pola covid.

A alcaldesa, Lara Méndez, mantivo un encontro telemático con el esta fin de semana para trasladarlle o seu agradecemento polo labor que está a realizar, dende Londres – onde cursa os seus estudos de Márketing – a prol da promoción e difusión da hostalaría lucense.

A rexedora, logo de coñecer a colaboración que Alberto presta de forma completamente altruísta ao empresariado local para incrementar a viabilidade dos seus negocios, quixo poñerse en contacto con el para interesarse pola súa situación pero, tamén, para recoñecer publicamente o seu xesto.

“Neste momento, de tantas dificultades para moitas persoas, de tanta incertidume e con tantos retos que afrontar cómpre poñer en valor actos coma o teu, que de forma desinteresada e apelando aos vínculos da terra, á nosa orixe e a eses valores de irmandade que nos definen como lucenses, estando a máis de 1.000 km de distancia fuches quen de superar toda fronteira para apoiar aos teus compatriotas na medida das túas posibilidades”, dixo.

Así coincidiu con el na necesidade de enxalzar o patrimonio local, tanto cultural, como arquitectónico, histórico, artístico e mesmo gastronómico. “Dende o Concello e eu, persoalmente como alcaldesa e como lucense, igual ca ti, queremos mandarche o noso afecto e gratitude e manifestar publicamente que es un gran exemplo para toda a cidadanía”, suliñou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...