Home Economía QuirónSalud compra o 100% do sanatorio Virxe dos Ollos Grandes

QuirónSalud compra o 100% do sanatorio Virxe dos Ollos Grandes

0
QuirónSalud compra o 100% do sanatorio Virxe dos Ollos Grandes
Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo | QUIRÓNSALUD - Arquivo

O Grupo QuirónSalud chegou a un acordo para a adquisición do 100% do Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, hospital privado de Lugo fundado en 1967 pola familia López-Pardo.

Nun comunicado, QuirónSalud sinala que é un acordo cos actuais propietarios “coa intención de darlle continuidade ao proxecto”. Garante que se manterán os postos de traballo, mentres se achega solvencia financeira para a súa viabilidade.

De feito, segundo publica El Progreso, un dos accionistas de QuirónSalud é o Banco Sabadell, entidade coa que o sanatorio dos Ollos Grandes ten unha débeda dende a reforma das instalacións no ano 2011.

A empresa compradora destaca que este centro “conta con 70 camas, sete quirófanos e un completo equipamento médico” nunha ampla carteira de servizos. Así, faise cun cuarto centro hospitalario en Galicia, que se suma ao Hospital QuirónSalud A Coruña, Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (Pontevedra) e o Instituto de Neuro Rehabilitación QuirónSalud Pontevedra. Agora, a compañía mostra a súa” firme intención de seguir crecendo nesta comunidade”.

Esta noticia confírmase apenas tres meses despois de coñecerse que o Hospital Polusa, tamén privado, pasa a mans doutra gran empresa: o grupo Ribera Salud facíase daquela co 54% do hospital.

+ posts