InicioSociedadeA capacidade asistencial está "garantida" de momento en Lugo, pero é "preocupante"

A capacidade asistencial está “garantida” de momento en Lugo, pero é “preocupante”

O Sergas alerta do "aumento sostido" do número de ingresos, tanto en planta como na UCI

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director asistencial da área sanitaria LugoA Mariña e MonforteRafael Monte Secades, expuxo que o ritmo dos ingresos na provincia de Lugo como consecuencia do aumento dos casos de Covid-19 “non está a comprometer” polo de agora “a capacidade de hospitalización nin de UCI”, pero “está a aumentar de forma sostida” e “preocupante”.

“A presión asistencial na área sanitaria está a aumentar de forma sostida nos últimos días e reflicte o incremento da incidencia comprobado nas últimas semanas. Isto afecta aos tres distritos; A Mariña, HULA e Monforte”, explicou Monte Secades.

O dirixente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) concretou que no HULA hai este martes “33 ingresados en planta, en Burela 16 e en Monforte nove. Temos 16 pacientes en Uci, 15 no HULA e un na Mariña. Por agora o aumento dos casos hospitalizados diarios ocorre a un ritmo que non está comprometendo a nosa capacidade nin de hospitalización nin de Uci, ambas están por agora garantidas, pero o ritmo ao que isto se está a producir é máis elevado ca en novembro e a situación é preocupante”, matizou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...