InicioSociedadeO illamento das novas restricións, "máis risco" para as mulleres maltratadas

O illamento das novas restricións, “máis risco” para as mulleres maltratadas

A asociación lucense 'Si hai saída' lembra: "Ao reducirse as actividades laborais e profesionais o illamento pasa a ser absoluto, co que iso implica"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta da Asociación Si Hai Saida, contra a violencia machista, Marta Rodríguez Engroba, alertou este mércores dos riscos que entrañan as novas restricións para as vítimas de malos tratos. Refírese, especialmente, á limitación das reunións só con conviventes. 

Esta activista comentou que  na asociación están “moi preocupados, porque estas novas restricións supoñen un incremento do risco que corren moitas vítimas de violencia de xénero”. “Dado que as relacións se limitan a conviventes, limítase a estas mulleres a que o agresor poida exercer un control absoluto sobre elas. Non esquezamos que ao reducirse actividades laborais e profesionais o illamento pasa a ser absoluto, co que iso implica”, incidiu.

Tamén fixo fincapé en que “outro problema” que se lles presenta é que descoñecen “se a nivel institucional se implementou algunha medida, se as circunstancias públicas variaron, se sufriu algunha modificación ou se se incrementou algún servizo máis”. “E iso descoñecémolo porque non se nos comunicou nada”, lamentou.

Por iso, por parte da asociación Si Hai Saida pídese unha maior “concreción” en canto a esas reunións de conviventes e avisan de que as vítimas “non teñen posibilidades de pedir axudas, de relacionarse”. “E xa notamos estes días un incremento de problemas e cústanos relacionarnos con elas (coas vítimas de violencia machista)”, concluíu Marta Rodríguez Engroba.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...