InicioSociedadeO Sergas apoiarase no HULA antes de recorrer a hospitais de campaña

O Sergas apoiarase no HULA antes de recorrer a hospitais de campaña

Este complexo recibiría máis pacientes doutras áreas sanitarias en caso de que aumentase a saturación noutros centros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) non prevé “de momento” despregar hospitais de campaña para atender a enfermos de covid-19, xa que continuará cos complexos de Vigo e Lugo como “hospitais de apoio” para o resto de áreas sanitarias.

Na rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico deste luns, na que anunciou medidas máis duras para loitar contra a pandemia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a “estratexia” por agora é “rotar” os pacientes pola rede de centros públicos.

“Temos hospitais, desde o punto de vista sanitario, cun nivel aceptable tanto de ocupación de UCI como de camas covid”, asegurou o máximo mandatario autonómico, quen por iso dixo que cos centros de Vigo e Lugo pódese “beneficiar a aqueles que teñan un nivel de saturación maior”.

Neste sentido, Feijóo insistiu en que “de momento” non hai previsto despregar hospitais de campaña, pero si recoñeceu que, como “caso último”, o Sergas xa ten “perfectamente medido” como facelo. “Sobre todo na Coruña e, secundariamente, en Santiago”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...