InicioSociedadeAumenta a presión hospitalaria en Lugo, que confirma outros 157 casos novos

Aumenta a presión hospitalaria en Lugo, que confirma outros 157 casos novos

A provincia conta 1.666 casos activos. O número de ingresados na UCI mantense en once.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica da área sanitaria de Lugo preocupa polo incremento continuo e elevado de casos, así como polo aumento da presión asistencial nos últimos días. Segundo o Sergas, nas últimas 24 horas confirmáronse 157 casos novos de coronavirus a través de PCR, trece menos ca un día antes. O total de casos activos sitúase nos 1.666 (+121 respecto de onte).

O dato máis desfavorable é, seguramente, o da presión hospitalaria, que non deixa de medrar. Este domingo 24 de xaneiro, os hospitais da provincia atenden 59 pacientes diagnosticados de Covid-19 (+7). En concreto, o HULA conta 24 en planta e once na UCI; o Hospital da Mariña, 19; o de Monforte, 4; e o Polusa, un.

Por outra banda, a provincia xa alcanzou os 160 falecementos relacionados coa pandemia logo de que Sanidade comunicara onte o deceso de dúas persoas (unha no Hospital da Mariña e outro no de Monforte). Ademais, dende o inicio da pandemia curáronse 7.398 persoas e realizáronse 148.962 PCR (1.848 delas onte).

GALICIA, POR RIBA DOS MIL INGRESOS

A comunidade galega volve bater as súas propias marcas e continúa cun ascenso preocupante de contaxios e casos activos. Ademais, supérase o limiar do milleiro de ingresados tras sumar case cen hospitalizacións nun só día. Todas as miradas están postas, de maneira especial, na área da Coruña, que ten xa case tantos casos activos como sumaba toda Galicia antes de Nadal. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...