InicioPolíticaSenadores do PP esixen ao Goberno "políticas activas" contra o despoboamento lucense

Senadores do PP esixen ao Goberno “políticas activas” contra o despoboamento lucense

Piden a mellora das infraestruturas de comunicación, garantir o acceso a Internet ou impulsar incentivos fiscais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Senadores do PP esixiron ao Goberno central “políticas activas e transversais” contra o despoboamento do rural lucense a través de distintas iniciativas rexistradas na Comisión de Despoboamento e Reto Demográfico da Cámara Alta.

Segundo informou o PP de Lugo, as propostas presentadas polos representantes do partido na provincia diríxense a mellorar as infraestruturas de comunicación, garantir o acceso a Internet ou impulsar incentivos fiscais para discriminar positivamente o rural da provincia.

Entre outras cuestións, os populares buscan evitar o desmantelamento do ferrocarril e lograr o compromiso do Goberno para finalizar as obras nas autovías A-54, A-74 e A-56. Tamén piden loitar contra a fenda dixital, que o Executivo estatal estableza políticas que favorezan o emprego no rural na liña das medidas impulsadas pola Xunta, e que aplique outros incentivos como a rebaixa de impostos a autónomos de zonas rurais.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...