InicioEconomíaOs investimentos do Goberno non significan a chegada do AVE para os...

Os investimentos do Goberno non significan a chegada do AVE para os empresarios de Lugo

Tamén destacan que "a falta de medidas no ámbito económico e en infraestruturas fan que a xente abandone a provincia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, reclamou ás administracións un plan estratéxico para frear o envellecemento da poboación lucense.

A idade media da provincia é próxima aos 50 anos, con base aos datos recompilados pola publicación ‘Lugo en cifras 2020’, editado pola CEL en colaboración coa deputación de Lugo.

Así, Jaime López lamenta que esta “é unha idade moi avanzada para unha poboación que tiña que ser máis nova”. Para o empresario lucense isto acredita que “a falta de medidas no ámbito económico e en infraestruturas fan que a xente abandone a provincia”.

Por tal motivo, incide na necesidade de “un plan estratéxico con actuacións na provincia de Lugo, de caraa a incentivar a mellora das infraestruturas e xerar a posibilidade dun desenvolvemento económico e social sustentable que xere oportunidades para a xente no seu territorio”. “As administracións téñense que envorcar de forma decidida”, sentenciou.

Unha desas actuacións que reivindica é o AVE para Lugo. “Todo o que sexa mellora de infraestruturas e transportes motiva que a xente teña máis calidade de vida no seu territorio e quedei no”.

Ademais, aproveitou para valorar os 196 millóns consignados polo Goberno central para a electrificación da liña férrea Monforte-Lugo e outras actuacións no ferrocarril.

“É unha boa noticia que haxa estes investimentos tan relevantes no ámbito ferroviario, pero temos que pensar que levamos máis dun século de atraso nesas infraestruturas e eses 196 millóns van supor unha mellora moi relevante, pero iso non significa que teñamos AVE en Lugo”, concluíu o secretario xeral da CEL.

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...