InicioEconomíaLugo envellece: a poboación media é de case 50 anos

Lugo envellece: a poboación media é de case 50 anos

O informe 'Lugo en cifras confirma tamén un descenso do sector da agricultura, debido á desaparición dun gran número de explotacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios da Provincia de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, presentaron este mércores o informe ‘Lugo en cifras, unha publicación que se retoma grazas á colaboración entre as dúas institucións.

Entre algunhas cuestións destacables, Lugo en Cifras 2020 evidencia o descenso e progresivo envellecemento da poboación lucense en comparación co total de Galicia e de España, resultando “preocupante”, segundo a CEL, que a idade media dos habitantes da provincia sitúese xa case nos 50 anos.

A nivel da riqueza dos fogares, destácase que a maioría dispón de entre 1.000 e 1.500 euros mensuais e o PIB mantense na contorna dos 7.500 millóns de euros, preto do 13% do galego, mentres que se consolida o sector servizos, no que xa se empregan o 68,21% dos traballadores da provincia.

Por outra banda, continúa en descenso o sector da agricultura, debido á desaparición dun gran número de explotacións, á súa agrupación e mecanización, o que implica unha menor necesidade de man de obra neste ámbito.

Tomé Roca explicou que ‘Lugo en Cifras’ é “unha recompilación de datos socioeconómicos sobre a provincia de Lugo“, un documento no que se fai “unha fotografía da realidade social e da realidade empresarial e económica da provincia”. Volve publicarse agora despois de 10 anos de paro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...