InicioSociedadeLara Méndez apela á responsabilidade cidadá para evitar unha terceira onda tras...

Lara Méndez apela á responsabilidade cidadá para evitar unha terceira onda tras o Nadal

Lugo segue co peche perimetral, pero a Xunta permite entrar e saír dos concellos confinados entre o 23 e o 25 de decembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apelou á responsabilidade da cidadanía para evitar unha terceira onda da covid-19 tras as celebracións de Nadal e nun contexto no que a Xunta permitirá entrar e saír dos municipios con peches perimetrais entre os días 23 e 25 de decembro.

En declaracións difundidas polo Concello aos medios, a rexedora explicou que os datos trasladados este martes pola Consellería de Sanidade ao Consistorio confirman que Lugo “segue mellorando e baixando a incidencia acumulada a 14 días”, que nesta xornada se sitúa en “102” casos.

Lara Méndez, que lembrou que a cidade de Lugo segue co peche perimetral, sinalou que a Xunta lles trasladou que “por prudencia” non se podería abrir o municipio ata que este indicador estivese por baixo dos 100. “Aínda que con esa prudencia estraña que nos próximos días se poida saír por motivos familiares, porque iso dificultará moitísimo o control“, sinalou.

Por iso, apelou á “responsabilidade individual” e á “boa fe” da cidadanía para conseguir, “entre todos”, que non se inicie unha terceira onda “nun momento no que seguimos cunha boa tendencia á baixa”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...