InicioSociedadeA Xunta permite entrar e saír de concellos confinados entre os días...

A Xunta permite entrar e saír de concellos confinados entre os días 23 e 25 de decembro

O resto de días, Lugo e Vilalba seguirán pechados perimetralmente. O concello da Terra Chá baixa o nivel medio alto de restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As restricións de mobilidade que afectan a varios municipios de Galicia, entre eles, Lugo e Vilalba, suprimiranse de forma excepcional entre as 0:00 horas do 23 de decembro e as 23: 00 horas do 25 de decembro, para permitir os encontros familiares en Noiteboa e Nadal.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que non concretou se se volverá a permitir a mobilidade en Noitevella e Ano Novo, xa detallara onte á última hora que a cidade de Lugo seguiría baixo o peche perimetral malia a melloría na incidencia. Vilalba, á súa vez, baixa ao nivel medio alto. Así pois, os bares poderán abrir ao 30% en interiores e ao 50% en terraza ata as 17:00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...