InicioCulturaUnha viaxe ao espazo na praza Maior de Lugo

Unha viaxe ao espazo na praza Maior de Lugo

A mostra fotográfica 'Outros mundos. Viaxe polo sistema solar da man de Michael Benson' poderá verse dende este martes 15 de decembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá desde este martes unha exposición composta por 40 fotografías que percorren o sistema planetario dun modo científico e artístico.

Segundo detallou Fundación LaCaixa, promotora da iniciativa en colaboración co Concello, a mostra ‘Outros mundos. Viaxe polo sistema solar da man de Michael Benson‘ está conformada por instantáneas de gran formato que foron seleccionadas e procesadas polo cineasta, artista e escritor norteamericano.

En concreto, a exposición, cuxo desenvolvemento se enmarca no acordo entre a fundación e a Xunta para o Xacobeo 2021, poderá visitarse desde este martes ás 11,00 horas na praza Maior de Lugo.

Para confeccionar a mostra, Benson elixiu e tratou imaxes orixinais en branco e negro captadas en distintas misións planetarias polas principais axencias espaciais, ademais de compor mosaicos en cor.

Deste xeito, permítese realizar unha viaxe ao sistema solar a través de fotografías tomadas durante seis décadas de exploración robotizada. Así, a Fundación La Caixa aspira a aproximar a ciencia e a cultura á cidadanía fóra dos museos e salas de exposicións.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...