InicioSucesosRescatada unha parella e un neno tras perderse facendo unha ruta en...

Rescatada unha parella e un neno tras perderse facendo unha ruta en Baleira

Os tres foron atopados a primeiras horas da noite.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Garda Civil rescataron este domingo unha parella e un neno que se perderon cando realizaban unha ruta de sendeirismo no municipio de Baleira. Atopábanse en perfecto estado de saúde.

En concreto, segundo informa o 112, foi un dos implicados quen sobre as 19,15 horas da tarde deu a voz de alarma á central de emerxencias. No seu relato, indicaba que facían a chamada Ruta das Minas e que, despois de dúas horas camiñando, non sabían onde se atopaban.

Seguidamente, tras recibir a súa localización a través das coordenadas de posición, o 112 Galicia informou do ocorrido a Protección Civil de Baleira e á Garda Civil, cuxos axentes localizaron a este tres persoas sobre as 20,30 horas no pobo de Forneas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...