InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaCase toda a provincia afectada pola primeira gran nevarada do outono

Case toda a provincia afectada pola primeira gran nevarada do outono

PUBLICADA O

- Advertisement -

As condicións meteorolóxicas adversas complican na mañá deste venres a circulación en case 40 estradas en Galicia, entre elas varias autovías, especialmente na provincia de Lugo, onde hai unha ducia de viarias afectados por nevadas. Así mesmo, hai obras de mantemento (moitas delas derivadas do temporal) e outros traballos na calzada en decenas de viarias de Galicia, o que tamén contribúe a conxestionar a circulación.

Segundo os datos publicados pola Dirección Xeral de Tráfico, na provincia de Lugo a neve está a condicionar a circulación na A-6 ao seu paso pola cidade de Lugo e ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro. A vía é transitable con precaución, do mesmo xeito que a A-54 ao seu paso pola capital lucense.

As nevadas tamén están a provocar problemas na estrada comarcal LU-540 ao seu paso por Muras, no tramo entre o km 26 e o 26,3; na LU-122 ao seu paso pola Pastoriza, entre o km 0 e o 20; na LU-701 en Abade, entre o km 0 e o 15; na LU-530, e na Fonsagrada, entre o km 0 e 5,5.

Tamén hai complicacións na N-540 ao seu paso por Lugo capital, entre o km 11,5, e 11,9; na N-V en Baralla, entre o km 431 e 475; na LU-633 en Pedrafita; e na a CG-2.1 en Chantada, entre o km 39 e o 43. Nestes tramos destes viarios da provincia de Lugo está prohibida a circulación de camións e vehículos articulados.

Ademais, hai outras estradas afectadas nesta provincia, onde non hai restricións pero o tránsito debe facerse con precaución: a N-547 en Palas de Rei, con problemas pola neve entre o km 19 e 42; e a CG-2.2 en Abeledo, afectada por nevadas entre o km 17 e 40.

Na provincia da Coruña a neve tamén está orixinado problemas de tráfico, en concreto na N-634 en O Apedairo e Curtis, nun tramo de 8 quilómetros; na AC-101, no Alto do Pío, entre os quilómetros 7 e 13; e na AC-840 entre Burricios e Melide. Ademais, requírese precaución aos condutores que circulen pola A-52 ao seu paso por Trasmirás, entre o km 176 e o 180.

RETENCIÓNS E OBSTÁCULOS NA CALZADA

Á marxe da neve, o temporal de choiva tamén está a ocasionar problemas como saídas de vías e colisións por alcance en viarios de toda Galicia, o que está a provocar retencións pola presenza de obstáculos fixos na calzada en case 30 estradas de Galicia.

En Lugo hai dificultades na N-640 ao seu paso pola Rúa de Arriba; na N-V en Cadoalla; na LU-3907 en Outón; na LU-2911 na Ponte (na contorna da capital provincial); na LU-1611 en O Mozón; na LU-5101 en Friol; na LU-P-2901 en Leirás; e na LU-P-0703 en Vilar de Frades.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...