InicioEconomíaA hostalaría lucense ve "insuficiente" a apertura do sector proxectada pola Xunta

A hostalaría lucense ve “insuficiente” a apertura do sector proxectada pola Xunta

Lamentan que é "absurdo" traballar ao 30% da súa ocupación e coidan que as axudas non chegarán para todos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, cualificou de “insuficiente” a apertura de locais que proxecta a Xunta de Galicia que, no caso da capital da provincia supón poder abrir ata as 17:00 horas  ao 30% como máximo nos interiores e ao 50% nas terrazas. “Non podemos seguir así, é absurdo traballar ao 30%”, lamentou.

Non só pensan que se quedan curtas as medidas, senón tamén as axudas establecidas polo Goberno galego. “Moita xente vai quedar polo camiño, non van acceder a esas axudas. Moitos establecementos están a desexar abrir as súas portas, moitos destes locais contan con varios traballadores e van ter que seleccionar estes traballadores porque a este ritmo non poden coller todo o persoal ao cento por cento“, advertiu.

Sexa como sexa, Cheché Real expresou que no sector albergan “esperanzas” e confían que a próxima semana poidan “abrir ao 75%, para ter unha mínima calidade laboral”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...