InicioEconomíaA Xunta di que os hostaleiros de Vilalba poderán acollerse ás liñas...

A Xunta di que os hostaleiros de Vilalba poderán acollerse ás liñas de axuda “máis cuantiosas”

O Concello vilalbés criticou que as subvencións autonómicas "discriminan" os establecementos do municipio e que "os cartos non chegarán".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reaccionou ás queixas do goberno local e da hostalaría de Vilalba e asegurou que os establecementos afectados pola crise si que se poderán acoller ás “dúas liñas máis cuantiosas do Plan de Rescate, unha de 30 millóns para autónomos e outra de 37 millóns para microempresas, fronte á específica para a hostalaría pechada”.

O Concello de Vilalba expresou onte a súa disconformidade ante a “discriminación” que ven coa hostalaría local, ao entender que as axudas da Xunta “non chegarán” para os locais vilalbeses, que non poderán solicitalas ata o 5 de decembro.

SUBVENCIÓNS PARA REFORMAR TERRAZAS

O delegado da Xunta, Javier Arias, tamén adiantou que este xoves o Igape publicará unha nova liña de axudas para a reforma e adaptación de terrazas e instalación de toldos. As cantidades oscilarán entre os 1.500 e os 25.000 euros, a fondo perdido ata o 80% e cun anticipo do 50% do importe.

En calquera caso, o delegado territorial aclarou que “este plan de axudas foi negociado en reiteradas ocasións polas principais asociacións de hostalería de Galicia e co cluster de turismo, que deron como resultado unhas axudas moito máis áxiles e con mellores condicións que as estatais”.

ÚLTIMAS

O BNG urxe ao Goberno a cumprir o pactado e crear xa o xulgado de violencia de xénero en Lugo: “As demoras son inxustificadas”

O Bloque Nacionalista Galego instou ao Goberno do Estado a "acelerar" os trámites necesarios...

Expulsan a tres alumnos dun colexio de Lugo por un novo caso de acoso escolar

Un centro escolar de Lugo expulsou a tres alumnos tras detectar un posible caso...

Dous detidos en Lugo por unha vaga de roubos en furgonetas: así actuaban os ladróns do cristal triangular

A Policía Nacional detivo en Lugo durante a fin de semana a dous homes...

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...