InicioSociedadeA Deputación espera abrir as residencias de maiores de Castroverde e Pedrafita...

A Deputación espera abrir as residencias de maiores de Castroverde e Pedrafita para o ano

Na licitación do primeiro dos dous centros inclúense os servizos de cociña, limpeza e asistencia básica, ademais de barbería e quiropedia, o que podería levar á súa apertura antes de que conclúa 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do goberno da Deputación de Lugo, a socialista Pilar García Porto, anunciou este venres que as novas residencias de maiores dos municipios de Castroverde e de Pedrafita do Cebreiro botarán a andar o próximo ano.

Así o confirmou na rolda de prensa posterior á xunta de goberno provincial, durante a cal se aprobou a adxudicación da prestación básica dos servizos do centro de Castroverde, por 1 millón de euros en dúas anualidades.  Nesta licitación inclúense os servizos de cociña, limpeza e asistencia básica, ademais de barbería e quiropedia, o que podería levar á súa apertura antes de que conclúa 2020.

No caso da residencia de Pedrafita, aprobouse a adxudicación da subministración e equipamento para lavandaría e artigos de cociña, por un importe de máis de 52.000 euros. A súa apertura podería producirse en febreiro, segundo avanzou García Porto.

COMERCIO DE NADAL

Polo demais, a portavoz do goberno da Deputación informou da aprobación dunha axuda por 52.000 euros para a Federación Galega de Comercio, co fin de “dinamizar as compras de Nadal nos negocios da provincia”.

“Seguimos traballando da man dos propios sectores produtivos para axudar na recuperación do emprego e da actividade económica ante o impacto da crise sanitaria”, explicou García Porto.

Tamén na xunta de goberno, o portavoz nacionalista, Efrén Castro, explicou as bases para inscribirse no Mercado de Nadal, fronte ao Pazo de San Marcos.

Serán 14 os postos, coa novidade este ano de que se incorpora unha caseta de artesanía alimentaria, ademais doutro posto que será “unha especie de exposición rotativa dos produtos” artesáns que se pon á venda ata despois de Reyes.

Finalmente, a administración provincial acordou na xunta de goberno achegar máis de 143.000 euros á dotación de novo material informático para o Centro Asociado da UNED en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...