Home A Ulloa Os médicos de familia: “Necesitamos mellores condicións para vencer a pandemia”

Os médicos de familia: “Necesitamos mellores condicións para vencer a pandemia”

0
Os médicos de familia: “Necesitamos mellores condicións para vencer a pandemia”
O doutor Lorenzo Armenteros, portavoz da SEMG e médico de familia nun centro de saúde de Lugo | EFE - Eliseo Trigo

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), o doutor lucense Lorenzo Armenteros, volveu esixir que se reforce o servizo sanitario de cara á realización das probas de antíxenos, así como en previsión da chegada da vacina contra a covid-19. “A nosa intención é colaborar para vencer a esta pandemia, pero para poder facelo necesitamos mellores condicións”, insiste.

Segundo Armenteros, a proba ofrecerá un “diagnóstico rápido” e “moi específico” que suporá “unha vantaxe”, mais sinala que as labores recaerán nun persoal “xa de seu sobrecargado” como é o de enfemería, que tamén levou a cabo toda a vacinación antigripal”: “Volve ser a Atención Primaria a que recibe o groso da carga“.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here