InicioSociedadeLugo disporá dun novo centro social en Lamas de Prado

Lugo disporá dun novo centro social en Lamas de Prado

O Concello prevé un investimento de case 1'6 millóns para a súa construción, na que se seguirán criterios de sustentabilidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este mércores, tras a Xunta de Goberno, a construción dun novo centro social en Lamas de Prado, que contará cun orzamento próximo a 1,6 millóns de euros (1.559.000) e ocupará unha superficie de case 900 metros cadrados. Para a súa construción seguiranse criterios de sustentabilidade.

Segundo explicou Méndez, a previsión é que este proceso de adxudicación se prolongue “catro ou cinco meses”. Desde o momento da adxudicación, o prazo de execución da obra deste edificio de tres plantas será dun ano.

Este proxecto contémplase dentro do programa ‘Muramiñae’ e da estratexia DUSI, un equipamento municipal “que vai dar servizo aos barrios do Carme, da Cheda, Abuín-Abella e O Castiñeiro”, entre outros. “Será un centro polivalente, un centro para usos sociais e un centro que atenderá a unha poboación dunhas 20.000 persoas”, concretou Méndez.

A alcaldesa de Lugo precisou que “o obxectivo é integrar nun só espazo, un espazo que sexa moderno, que sexa funcional, os distintos locais” que ten o concello diseminados por distintos puntos destes barrios aos que dará servizo o novo centro social.

“Ademais, queremos dar resposta ás distintas necesidades, dos distintos colectivos da zona, como é a posta en marcha de accións de dinamización para os nosos maiores, para os nosos mozos, favorecendo a convivencia interxeracional e que sexan locais de convivencia, de socialización e tamén integrando aos máis pequenos para favorecer a conciliación familiar”, destacou Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...