Home Economía Abre en Vilalba a primeira gasineira pública de gas natural licuado e comprimido de Galicia

Abre en Vilalba a primeira gasineira pública de gas natural licuado e comprimido de Galicia

0
Abre en Vilalba a primeira gasineira pública de gas natural licuado e comprimido de Galicia
A gasineira pública de gas licuado e gas comprimido en Vilalba | NATURGY

Naturgy puxo en marcha na estación de servizo Vallibria de Martiñán, en Vilalba, a primeira estación pública dual de gas natural licuado e gas natural comprimido (GNL/GNC) de Galicia.

A gasineira atópase na estrada N-634, un emprazamento que, segundo explicou a empresa nun comunicado, ten “un gran valor estratéxico” pola súa proximidade á autovía A-8, o que permitirá a reposición a “todas as frotas en Galicia con destino ao norte de España e Francia”.

A estación dispón dun tanque de 60 m³ e un surtidor de gas licuado, así como outros dous de gas comprimido para a reposición de vehículos, tanto lixeiros como pesados.

Esta nova gasineira enmárcase no plan de fomento da mobilidade sustentable levado a cabo por Naturgy, que sinalou no comunicado que o gas natural comprimido GNV é compatible co uso do gas renovable obtido da dixestión de residuos urbanos. Iso permite desenvolver, segundo destacaron, “a economía circular con cero emisións”.

+ posts