InicioSociedadeA antiga cámara agraria de Guntín, preparada para acoller o novo cuartel...

A antiga cámara agraria de Guntín, preparada para acoller o novo cuartel da Garda Civil

A Benemérita abandonará a súa actual sede, chea de filtracións, humidades, gretas ou xanelas rotas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Garda Civil terá unha nova sede no municipio de Guntín, o que permitirá abandonar as vetustas instalacións nas que ata agora desempeñaban o seu traballo uns seis axentes, un local cedido polo Concello fai case medio século e que presenta múltiples deficiencias, denunciadas pola propia Asociación Unificada de Gardas Civís.

De feito, este colectivo chegou a cualificar o actual posto da Garda Civil en Guntín como unha das peores sedes da Benemérita en todo o país, por mor das deficiencias que presenta un edificio que apenas recibiu mellora algunha no último medio século. Filtracións, humidades, gretas, xanelas rotas e a carencia de calefacción ou vestiarios son algunhas das complicacións do inmoble.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitaba onte en Guntín a antiga cámara agraria da localidade, que foi restaurada para albergar o novo cuartel da Garda Civil. A obra civil está terminada e foi executada polo taller de empelo Ponte de Areas III, promovido polo Concello do Páramo, xunto co do Corgo e Guntín.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade financiou a actividade dese taller, que comezou hai un ano, cun orzamento de 462.500 euros, aínda que por mor da pandemia foi preciso prorrogalo durante tres meses máis da duración prevista inicialmente, o que obrigou a incrementar a achega económica inicial en 126.100 euros.

Ademais, o propio Concello de Guntín investiu case 50.000 euros do seu orzamento nas obras, para mellorar a cuberta, a fachada, o illamento térmico, o sistema de impermeabilización e a carpintería do edificio.

De momento, non hai data para o traslado á nova sede. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...